martes, 17 de mayo de 2011

17:17.

Vouvos contar unha historia, é unha historia sinxela, xa que pode ser a de calquera persoa.

O rapaz do que conto a historia non ten nada que non teña ninguén, sabe que o seu sorriso non é moi bonito, as súas apertas non son as máis fortes ou as máis agradables. A súa estatura non sobrepasa á da media da xente da súa idade, máis ben case non chega a ela. Non está excesivamente delgado, mais tampouco está con quilos de máis.

Agora imos ós aspectos máis importantes, é un rapaz que lle gusta moito ver sorrír a xente, e cando nota que non son capaces de facelo, fai cousas para buscar ese sorriso, e en busca del, fai o que faga falta.

Considérase un rapaz alegre, malia que dende hai uns meses xa non mira ás cousas de forma tan positiva, e cústalle moito poder dicir que é feliz. Non cree na felicidade, xa que pensa que iso é un conto vello e absurdo, mais sí cree en momentos felices, ou en persoas que nos fan sentir ben, coas que sentímonos relaxados con só telas ó noso lado.

Non cree nos para sempre, xa que pensa que iso é a primeira forma de que algo rompa. Xa sexa unha amizade, ou unha parellla.

Pola contra, el pensa que un debe estar coa súa parella sempre que se sinta ben, que pase bos momentos ao seu carón, e para el, iso é o máis importante.

Está contra todo o que esté organizado de forma excesiva, xa que pensa que na vida, todo é máis bonito cando é improvisado, aínda que sabe que a improvisación, non sempre é boa, e non se pode deixar todo á improvisación.

A xente tamén pensa que é un rapaz moi forte, mais eu pódovos dicir que non, que soamente semella ser forte cando pensa que a outra persoa necesita miralo así, non é ser falso, simplemente é para darlle forza e ánimo a outra persoa.

Dende pequeno pensou nun mundo ideal, que toda a xente sería feliz, e agora dase conta de que as cousas non son como el esperaba, e se cadra, por iso non ten o sorriso como tarxeta de visita sempre, mais podo xurarvos unha cousa, sempre terá un sorriso para quen o precise.


Preguntarédesme como sei tanto desa persoa, ou quen é.

Antes de nada, vouvos pedir perdón, xa que pode que me trabuque en moitas cousas mais falar dun mesmo non é nada sinxelo.

E sí, esa é a miña forma de verme a min mesmo.


Agora que xa sabedes que son eu, o que sae reflexado no texto, ei de dicirvos unha cousa máis, moita xente di que o amor é unha merda, e eu son un deles, xa que sí, disfrutámolo, mais sufrimos por iso tamén.

Pero non vou ser hipócrita, nin mentirme a min mesmo, estou namorado, e estou namorado dunha persoa que é capaz de facerme pasar moi bos momentos, dunha persoa a cal con só tela ó meu carón síntome ben. Estou namorado dunha persoa que é capaz de facerme sentir só, aínda estando ó meu lado. Como é isto? Pois ben sinxelo, estou namorado dunha persoa maravillosa, que terá ás súas cousas malas, coma todos, mais para min ten moitas cousas boas, que síntoo, pero non publicarei eiquí, xa que esas cousas, soamente as ten que saber ela.

Se cadra, o máis importante é que estou cunha persoa, coa cal os meus defectos non son tantos coma cando estou sen ela.

Porque ningunha persoa mellor que ela, dame a calma que preciso en moitos intres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario