Cando un non sabe que vai escribir, din os que saben disto que o mellor que pode facer é escribir, poñer os dedos sobre o teclado e deixar que vaian sós.
Un o pensa e semella unha toleira dun escritor esa frase, mais podo asegurarvos que é certa, así que ahí vou.
Isto pode que non teña nin pés nin cabeza, pero podo xurarvos unha cousa, sae do fondo do meu corazón.
Ás veces, os homes, por natureza chegamos a odiarnos. E o facemos porque sentímonos culpables de cousas, porque unha vez fixemos algo, dámonos conta de que non fixemos o correcto.
Odiámonos, outras veces porque non fixemos o que desexamos, e se cadra, isto é o peor. Ir contra o que un quere facer, ou non face o que un quere, que supoño, é o mesmo.
Cando un chega a odiarse, prométovos eu, que o fixen xa bastantes veces, o sentimento que temos é moi moi malo, e o único que queremos facer é marchar, lonxe, o máis lonxe posible.
Ir onde ninguén nos coñeza, e se pode ser, ir onde ninguén chegue a coñecernos.
Pode parecer que estou tolo.
Mais quen nunca desexou marchar onde ninguén sepa quen é, que levante a man. E dubido que esté a dicir a verdade...
E se a di, ben por el.
Pero eu, eu, un rapaz máis dunha cidade calquera, desearía marchar onde ninguén chegase a coñecerme.
No hay comentarios:
Publicar un comentario