Non leas estas liñas miña ruliña, non leerás nada novo, mais tampouco leerás nada que eu deba esconder.
Non as leas, porque nelas está todo o que eu sinto por ti.
Non as leas, simplemente porque non vas ler nada que aínda non sepas.
Non as leas porque xa sabes que quérote. E que iso non se lle di a ninguén se non se sinte de verdade.
Non as leas, porque eiquí está escrito o que sínto cando observo o teu sorriso cada mañá, e iso, miña rula, iso non se pode pagar.
Non, non sigas lendo isto, porque nestas verbas soamente poderás comprender o que sinte un rapaz namorado.
Non, por favor, daquí non pases, xa que a partir daquí, poderás comprobar canto necesito bicarte, darche tantas apertas coma necesites, e simplemente pasar as tardes ó teu carón, sen facer nada máis que mirar a túa cara.
Non, non me preguntes que ten a túa cara, eu todavía non o sei, e dubido chegar a sabelo, mais iso, rula, iso é o mellor.
Porque non, non sei o que ten, mais namoreime dela.
Se cadra, tampouco sei que ten a túa forma de ser, de pensar, de facer as cousas, e non cho nego, hai algunas cousas que eu non entendo, ou non comparto coa túa forma de ver o mundo, ou simplemente de facer algo, mais ruliña, nena dos meus ollos, namoreime de ti por ser como eres.
Agora que saiu o tema, non, tampouco sei que terán os teus ollos, porque non teñen nada que non teñan outros, mais para min son completamente diferente aos do resto da xente.
Tampouco logro atinar co motivo polo cal necesito mirarte cada mañá, cada tarde ou cada noite.
Non sei o porqué, mais xúroche, rula, que se chegaches ata aquí, é porque interesache ler isto.
Así que non teño mellor forma de rematar todo isto que...
Dicindo que aínda que o pensei durante moitas noites, non, non sei o porqué, mais...
Estou namorado de ti.
No hay comentarios:
Publicar un comentario