Miña rula, que pasou co teu sorriso? Esquecéchelo nalgún lugar perdido? Porque eu tratei de atopalo, mais non o encontro. Dime, onde o deixaches? A túa cara non é bonita sen el, así que xa sabes, localízao para volver ter esa cara namoradiza que sempre tiveches.
Hai, miña rula, e que é da ledicia que expresabas sempre co teu camiñar? Iso non, iso non o perdas, porque obrígasme a camiñar contigo a buscala.
Pero eh, ruliña do meu corazón, que pasou contigo? Onde estás? Búscote, mais non te atopo. Busqueite en tódolos lugares posibles e nada, non queda nin sequera o esbozo da túa presenza, non queda nada, será, que quizáis ti xa non estás.
Agora deime conta da realidade, ti soamente es un alma enviada do ceo, e a túa única misión e non parar, nunca, baixo ningún concepto. Sempre vas camiñando, dun lugar ó outro, e pode ser que só pares cando teñas medo, mais iso raras veces ocorre.
Quizáis o teu destiño sea ese, camiñar sen ir a ningures, e pode ser, miña rula, que así chegues o teu lugar. E alí, xa non teñas que pensar en camiñar máis.
Aínda que dubido que ti teñas algún lugar, alma que non se conforma con ver un sitio, se pode mirar cen.
Camiña, camiña sen mirar atrás, lembra, ou non esquezas que soamente os que camiñan coa cabeza erguida son merecedores do mellor premio, e ti, que o fas coma ningunha, móstralle o mundo que camiñando, sen buscar chegar a ningún sitio, chégase sempre o sitio que desexamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario