Isto do amor é moi complicado, ou mellor, creo que a palabra sería complexo.
Ninguén é capaz de explicar cando comezas a xogar a namorarte o que chegarás a sentir, pola simple razón de que cada un o vive da súa maneira.
O problema, é cando deixas de xogar, e daste conta de que estás a namorarte de verdade.
Xusto nese momento é cando daste conta de que xa é demasiado tarde como para dar volta atrás, e lle dis a túa moza, “Agora, soamente nos queda camiñar xuntos, nesta viaxe na que pasaremos moitos momentos, bos, malos, pero ó final serán momentos xuntos, que é o que conta”.
Podo asegurarvos unha cousa, e que ninguén se engane, nin pense que non digo a verdade.
Non teño a moza máis guapa, nin sequera a que mellor corpo ten.
Non teño a unha moza que me conta tódolos seus problemas, e se cadra, tampouco falamos de tódalas cousas que lle fan dano, xa que cústalle moito falar desas cousas, que tanto dano lle fan.
Non é a muller máis alta do mundo, nin a máis delgada, mais iso non me importa...
Pero sabedes qué? Sí podo asegurarvos unha cousa...
Teño a moza que para min é a máis guapa, e iso sí é verdade. E para min, o seu corpo é o mellor.
E non me conta tódolos seus problemas, mais sí estou seguro de que me gusta como é, máis ben, namoroume a súa forma de ser, e de facer as cousas.
E agora non voume queixar que non fai algunas cousas, xa que se as fixera, podería ser que non estiveramos xuntos...
Así que, vouvos dar un consello...
Diréivos como miro eu todo isto...
O importante, non é como sexa esa persoa, o importante, é que esa persoa teña cousas que che namoren, e a miña moza, as ten.
Namoreime dela por como é, non por como eu quero que sexa.
Así que, o meu consello é, se de verdade merece a pena todo o que pasáchedes xunto a esa persoa que tanto queredes, loitade, loitade polo voso, loitade xuntos, porque nisto, estades dous, e aínda que un loite, se o outro non axuda, é completamente imposible.
Así que, non, non escatimedes en forzas cando hai que loitar pola persoa que queres, porque moitos, moitos momentos poderás sorrír grazas a esa moza.
É non mo vades negar, porque non podedes...
Pero moitas veces, grazas a esa persoa sodes capaces de dicir, son feliz.
Grazas Ainoa, por todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario